Hussein ibn Ali
Al-Ḥusayn ibn ʿAliyy ibn ʾAbī Ṭālib (en árabe: اَلْحُسَيْنُ بْنُ عَلِيِّ بْنِ أَبِي طَالِبٍ), nado en Medina o 10 de xaneiro de 626 e finado en Karbala o 10 de outubro de 680, foi o neto do profeta Mahoma e fillo de Ali ibn Abi Talib e de Fatimah, filla de Mahoma. É unha figura importante no islam como membro da Casa de Mahoma (Ahl al-Bayt) e do (Ahl al-Kisā', ademais do terceiro imán xiíta.
Antes da súa morte, o dirixinte omeia Mu'awiya sinalou o seu fillo Yazid como o seu sucesor, contrario ao tratado de Hasan-Muawiya.[1] Cando Muawiya faleceu en 680, Yazid pediu que Hussein prometese lealdade por el. Hussein rexeitouno mesmo aínda que iso significase o sacrificio da súa vida. Como consecuencia abandonou Medina para refuxiarse na Meca no ano 60 da héxira.[1][2] Alí, a xente de Kufa enviáballe cartas, pedindo a súa axuda e prometéndolle lealdade, polo que viaxou a Kufa[1] despois de obter indicacións favorables, xunto cunha pequena caravana cos seus parentes e seguidores,[3] mais preto de Karbala a súa caravana foi interceptada polo exército de Yazid. Foi asasinado e decapitado na batalla de Karbala do 10 de outubro de 680 (10 Muharram 61 AH) por Yazid, xunto coa maioría da súa familia e compañeiros, incluído o seu fillo de seis meses, Ali al-Asghar, mentres que as mulleres e os nenos foron tomados prisioneiros.[1][4] A rabia pola morte de Hussein converteuse nun berro unificador que axudou a debilitar a lexitimidade do califato omeia, e finalmente o derrocamento pola revolución abásida.[5][6]
A conmemoración anual de Hussein e dos seus fillos, familia e compañeiros ten lugar durante Muharram, primeiro mes do calendario islámico, e o día en que foi martirizado é coñecido como Ashura (décimo día de Muharram, día de loito para os musulmáns xiítas). As accións de Hussein en Karbala avivaron movementos xiítas posteriores,[6] e a súa morte foi decisiva na historia do islam e do xiísmo. A vida e a morte de Hussein foron cruciais porque tiveron lugar nuns dos períodos máis decisivos do século VII. Durante este tempo, a opresión omeia estaba descontrolada, e a posición que adoptaron Hussein e os seus seguidores converteuse nun símbolo de resistencia que inspirou futuros levantamentos contra os opresores e a inxustiza. Ao longo da historia, personalidades como Nelson Mandela e Mahatma Gandhi, citaron a postura de Hussein contra a opresión como un exemplo para as súas propias loitas contra a inxustiza.[7]
Familia
[editar | editar a fonte]A avoa materna de Hussein foi Khadijah bint Khuwaylid, e os seus avós paternos foron Abu Talib e Fatimah bint Asad. Hasan e Hussein foron considerados por Mahoma como os seus propios fillos debido ao amor que sentía por eles. Dixo: "cada fillo da súa nai están asociados co seu pai agás polos fillos de Fatimah dos que eu son o pai e a súa liñaxe". Así, os descendentes de Fatimah son descendentes de Mahoma e forman parte da súa familia.[8][9]
Hussein tivo varios fillos:
- Ali Zayn al-'Ābidīn ("Adorno dos Devotos") (nado en AH 36) (nai: Shahrbanu)
- Sakinah (nada en AH 38) (nai: Shahrbanu)
- Ali al-Akbar ("O Grande") (nado en AH 42) (nai: Layla)
- Fatimah as-Sughra (nada en AH 45) (nai: Layla)
- Sukaynah (nada en AH 56) (nai: Rubab)
- Ali al-Asghar ("O Pequeno") (nado en AH 60) (nai: Rubab)[10]
Inspiración en movementos modernos
[editar | editar a fonte]A historia de Hussein foi unha importante fonte de inspiración para os movementos revolucionarios xiítas, xustificando a súa propia resistencia contra unha autoridade inxusta. Durante a revolución islámica de 1979 en Irán contra a dinastía Pahlavi, as crenzas e os símbolos xiítas foron fundamentais para orquestrar e sustentar a resistencia popular, e a historia de Hussein proporcionou un marco para etiquetar como o mal e así reaccionar contra o xa Pahlavi.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Madelung, Wilferd. "HOSAYN B. ALI". Iranica. Consultado o 12 de xaneiro de 2008.
- ↑ Dakake 2008, pp. 81–82.
- ↑ "Husayn ibn Ali | Biography, Death, & Significance". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 12 de novembro de 2019.
- ↑ Gordon, 2005, páx. 144–146.
- ↑ Cornell, Vincent J.; Aghaie, Kamran Scot (2007). Voices of Islam. Westport, Conn.: Praeger Publishers. pp. 117 and 118. ISBN 9780275987329. Consultado o 4 de novembro de 2014.
- ↑ 6,0 6,1 Robinson, Chase F (2010). "5 - The rise of Islam, 600–705". En Chase F. Robinson. The new Cambridge history of Islam, volume 1: Sixth to Eleventh Centuries. Cambridge: Cambridge University Press. p. 215. ISBN 9780521838238.
- ↑ Makhdoomi, Rameez. "Imam Hussain (as) in the light of renowned personalities". News Kashmir Magazine. News Kashmir Magazine. Consultado o 23 de outubro de 2018.
- ↑ Suyyuti, Jalayeddin. Kanz-ol-Ommal. p. 152:6.
- ↑ Fillos de Mahoma
- ↑ Manzoor Rizvi, S. The Sunshine Book. books.google.com. ISBN 1312600942.
- ↑ Skocpol, Teda. "Rentier state and Shi'a Islam in the Iranian Revolution (Chapter 10) – Social Revolutions in the Modern World". Cambridge Core. Consultado o 24 de xuño de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hussein ibn Ali |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Al-Bukhari, Muhammad Ibn Ismail (1996). The English Translation of Sahih Al Bukhari With the Arabic Text (en inglés e árabe). Traducido por Muhammad Muhsin Khan. Al-Saadawi Publications. ISBN 1-881963-59-4.
- Canaan, Tawfiq (1927). Mohammedan Saints and Sanctuaries in Palestine. London, England: Luzac & Co. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2019. Consultado o 21 de marzo de 2020.
- Dakake, Maria Massi (2007). The Charismatic Community: Shi'ite Identity in Early Islam. SUNY Press. ISBN 0-7914-7033-4.
- Gordon, Matthew (2005). The Rise Of Islam. Greenwood Press. ISBN 0-313-32522-7.
- Halm, Heinz; Watson, Janet; Hill, Marian (2004). Shi'ism. Edinburgh University Press. ISBN 0-7486-1888-0.
- Madelung, Wilferd (1997). The Succession to Muhammad: A Study of the Early Caliphate. Cambridge University Press. ISBN 0-521-64696-0.
- Tabatabae (1979). Shi'ite Islam. Traducido por Sayyid Mohammad Hosayn. Suny Press. ISBN 0-87395-272-3.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sacred Surprise behind Israel Hospital, by Batsheva Sobelman, special Los Angeles Times
- hussain ibn 'Ali an article of Encyclopædia Britannica.
- Biography of Imam Husayn no YouTube
- hussain ibn 'Ali by Wilferd Madelung, an article of Encyclopædia Iranica.
- hussain ibn 'Ali in popular Shiism by Jean Calmard, an article of Encyclopædia Iranica.
- Imam hussain in the eyes of non-Muslims
- The Third Imam
- Martyr Of Karbala
- An account of the death of hussain ibn Ali
- Interactive Family Tree by Happy Books
- Story of Karbala: Maqtal e Abi Mukhnaf